Arquivo da categoría: Uncategorized

Identidade territorial (Introdución)

Logo de case un trimestre centrando e contextualizando a materia e o propio estudo da paisaxe, comezamos unha nova etapa onde centraremos os esforzos e comprendernos dentro dun contexto galego.

Para elo, comezamos cunha actividade en grupo e coa técnica de “Folio xiratorio”. Explico brevemente: facemos equipos de 4-5 persoas (canto máis saibamos sobre aprendizaxe cooperativa, mellor faremos os grupos, e mellores resultados obteremos…), a cada grupo repártese un folio coa contorna dun mapa de Galiza e un “gomet” de cor diferente en cada esquina.

Anotamos no encerado o significado de cada cor (podemos variar en función do que queremos obter), eu neste caso escollín:

Azul: un sentimento; amarelo: lugar; verde:paisaxe; vermello: palabra

Durante 5 minutos controlados pola profe, as persoas do grupo van virando o folio e escriben no seu turno, debaixo do gomet: neste caso, non me importa que algún quede baleiro e outros moi completos.

Facemos unha posta en común con todos os grupos ao tempo que vou anotando no encerado todas as propostas, de xeito que quede ao final unha composición, do que representa Galiza para nós.

 

 

Reto buxaina

Como parte do curso sobre indagación na aula tiven que construír unha buxaina cunha cartolina de 10 cm de diámetro. Non foi difícil construíla, o difícil foi facela xirar…

Peguei 6 moedas dun céntimo no borde de cartolina e lancei tres veces obtendo os tempos:

  • Lanzamento 1: 3 segundos
  • Lanzamento 2: 4 segundos
  • Lanzamento 3: 3 segundos

Logo movín as moedas cara o centro, obtendo peores resultados…

  • Lanzamento 1: 2 segundos
  • Lanzamento 2: 1 segundo
  • Lanzamento 3: 1 segundo

 

  • 20160205_23292720160205_23294320160205_23310320160206_222619

A continuación propuxéronme o reto de construír unha buxaina que se mantivese 8 segundos xirando, polo que pensei en facela de tamaño lixeiramente maior, 13 cm. E funcionou!! Teño un vídeo moi chulo que non sei subir ao wordpress, polo que cargo a foto…

20160206_234943

Nestas prácticas a profesora ten o control sobre a cuestión que se plantexa e eu creo que tamén sobre o procedemento, mais no primeiro caso os resultados dependen tamén da profesora, non así na segunda práctica, onde cada unha pode pensar ou artellar unha solución diferente.

 

 

Indagación

A cabeza non para, que diría a outra… Non me chega co plan de formación en traballo cooperativo, que agora ando a enredar nun curso sobre Ciencia e indagación na aula. Esta entrada é para explicar o que se entende por Indagación.

O que eu entendo por indagación, o que me gustaría que o meu alumnado lle sucedera logo de estudar Ciencias sería despertar o interese por saber. Ir ao médico/a e preguntarlle o que significa cada cousa até comprender exactamente o que pasa no noso corpo; ler o xornal e buscar no momento no móbil o que quere dicir exactamente esa técnica que non comprendo; mirar ao ceo e tratar de ver algunha forma recoñecible; sorprenderse de cando en vez pensando no tamaño mínimo do átomo; coidarse, sabendo que así coidamos ao planeta porque entendemos a interconexión entre os ciclos da natureza…

Hai un dito galego que resume moi ben a esencia última da indagación: Un /unha vai morrendo, e vai aprendendo. Pois iso, non deixar de aprender.

Traballos alumnado sobre a célula

Xa hai algúns anos que comezo o curso en 3º da ESO con esta sinxela actividade que nos gusta a todos e todas. Trátase dunha maqueta sobre a célula que se pode facer en grupo ou individualmente e que nunca deixa de sorprenderme pola orixinalidade das creacións dos meus alumnos e alumnas.
Creo que é unha primeira toma de contacto boa, e así temos o centro decorado dende a primeira semana de curso!
En fin, aínda que xa choveu (e neste caso é literal), aquí quedan as fotos para o recordo.
Grazas a todos e todas por participar.

P1070020

P1070004 P1070005 P1070006 P1070007 P1070008 P1070009 P1070010 P1070011 P1070012 P1070013 P1070014 P1070015 P1070016 P1070017 P1070018 P1070019

P1070022 P1070023 P1070024 P1070025 P1070026 P1070027 P1070028 P1070029

P1070021