Arquivo da categoría: Atmosfera

Mapas do tempo

A meteoroloxía é a Ciencia que se encarga de predicir o tempo, empregando para elo moitos parámetros. Nós podemos traballar con algún destes parámetros para intentar comprender, case como un acto de tradución, os mapas do tempo que aparecen nos xornais, internet ou na televisión.

Nesta páxina aparece a información básica para interpretar un mapa do tempo no Hemisferio Norte. Lembra que de tratarse do Hemisferio Sur, o movemento dos ventos sería no sentido contrario.

É importante comprender tamén o significado das isobaras, non é o mesmo que estean moi xuntas, que que estean separadas. Con esta explicación seguro que queda claro.

Aínda que está pensada para Lingua Castelá, esta páxina sintentiza moi ben a simboloxía empregada nos mapas.

Con este breve test, poderás comprobar os teus coñecementos sobre a simboloxía dos mapas.

A teoría xa a sabemos, poñámonos a practicar!