Arquivo por etiquetas: internet

Unidade didáctica sobre os Seres Vivos

Unidade didáctica para os seres vivos nivel de 1º ESO. Para empregar cando existan medios informáticos. En Castelán. Ficha con actividades para imprimir sobre a mesma temática. Castelán. Para o correcto desenvolvemento das actividades está tamén a ficha do profesor/a (dende AQUÍ accédese a unha páxina con contidos xerais).

Unidade didáctica sobre a clasificación de seres vivos. Castelán.

Mapas do tempo

A meteoroloxía é a Ciencia que se encarga de predicir o tempo, empregando para elo moitos parámetros. Nós podemos traballar con algún destes parámetros para intentar comprender, case como un acto de tradución, os mapas do tempo que aparecen nos xornais, internet ou na televisión.

Nesta páxina aparece a información básica para interpretar un mapa do tempo no Hemisferio Norte. Lembra que de tratarse do Hemisferio Sur, o movemento dos ventos sería no sentido contrario.

É importante comprender tamén o significado das isobaras, non é o mesmo que estean moi xuntas, que que estean separadas. Con esta explicación seguro que queda claro.

Aínda que está pensada para Lingua Castelá, esta páxina sintentiza moi ben a simboloxía empregada nos mapas.

Con este breve test, poderás comprobar os teus coñecementos sobre a simboloxía dos mapas.

A teoría xa a sabemos, poñámonos a practicar!

Recursos web para estudar/repasar PROTEÍNAS

Este é o sitio web do proxecto “Aula Virtual” do Departamento de Bioquímica da Universidade de Murcia e do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES “Ramón y Cajal” de Murcia. na diapositiva 8 podes realizar un test de resposta múltiple.

Está moi ben para visualizar tridimensionalmente tanto os aminoácidos como as proteínas a páxina web de John Kyrk.

Traballando na rede

Libro dixital da editorial Editex para comprobar se temos clara a morfoloxía da célula animal.

Tamén neste enlace aparecen novos exercicios e un cuestionario de Autoevaluación sobre a célula animal.

A editorial Anaya ten un exercicio para comprobar se recoñeces xa os orgánulos celulares (célula animal) coa súa morfoloxía!

A páxina do Proxecto Biosfera, do Ministerio de Educación, ten tamén múltiples actividades para pasar un pedazo entretid@s…