Arquivo da categoría: A Célula

Traballos alumnado sobre a célula

Xa hai algúns anos que comezo o curso en 3º da ESO con esta sinxela actividade que nos gusta a todos e todas. Trátase dunha maqueta sobre a célula que se pode facer en grupo ou individualmente e que nunca deixa de sorprenderme pola orixinalidade das creacións dos meus alumnos e alumnas.
Creo que é unha primeira toma de contacto boa, e así temos o centro decorado dende a primeira semana de curso!
En fin, aínda que xa choveu (e neste caso é literal), aquí quedan as fotos para o recordo.
Grazas a todos e todas por participar.

P1070020

P1070004 P1070005 P1070006 P1070007 P1070008 P1070009 P1070010 P1070011 P1070012 P1070013 P1070014 P1070015 P1070016 P1070017 P1070018 P1070019

P1070022 P1070023 P1070024 P1070025 P1070026 P1070027 P1070028 P1070029

P1070021

Traballando na rede

Libro dixital da editorial Editex para comprobar se temos clara a morfoloxía da célula animal.

Tamén neste enlace aparecen novos exercicios e un cuestionario de Autoevaluación sobre a célula animal.

A editorial Anaya ten un exercicio para comprobar se recoñeces xa os orgánulos celulares (célula animal) coa súa morfoloxía!

A páxina do Proxecto Biosfera, do Ministerio de Educación, ten tamén múltiples actividades para pasar un pedazo entretid@s…

Teoría celular

Nesta presentación faise un breve resumo dos puntos imprescindibles a coñecer da célula e teoría celular (en castelán).

Neste vídeo resúmese o funcionamento celular (en castelán):

Morfoloxía da célula animal (Vídeo/animación)

Morfoloxía da célula vexetal (Vídeo/animación)

Unha vídeo/animación moi interesante do funcionamento celular

ANIMACIÓNS/ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Centre of the Cell é unha páxina completa con actividades diversas, en 3D e interactivas sobre as células (en inglés).

Outro lugar de actividades interactivas en castelán é este.

Tamén está moi ben esta animación!

LibrosVivos da editorial SM, con información e imaxes da célula