Arquivo por etiquetas: Orixe da vida

Principais hipóteses sobre a orixe da vida

As compañeiras do IES Otero Pedrayo de Ourense elaboraron un documento que recolle moi ben as ideas básicas que deberiamos coñecer sobre a orixe da vida, cunhas actividades moi interesantes a colación do tema.

orixe20da20vida-100315055244-phpapp02

Advertisements

A orixe da vida

A vida é inherente a nós, quizás por iso non nos paremos a pensar cal foi a orixe primeira diso que chamamos vida, organismos capaces de facer copias de sí mesmos a través dunha molécula “miragosa” e que intercambian información co medio que os rodea.

Tratar de dar unha explicación científica á orixe da vida non é fácil, e a historia da fé. Acaso non suceden fenómenos que fan pensar en forzas sobrenaturais? Mirade, mirade…

Choiva de animais. Este é o titular de prensa para un fenómeno que ben podería alimentar unha novela de ciencia ficción. Na wikipedia, falan da explicación científica do asunto.

Imos adicar o resto da Unidade a coñecer cales foron os pasos históricos que nos conducen ás teorías científicas que hoxe en día dan explicación á vida, pero antes parece oportuno matizar que se estiveras noutros países poderías estudar outras teorías sobre a creación, como o Deseño intelixente.

O deseño intelixente

Baixo o meu punto de vista, a grandeza da Ciencia é que non ten que entrar en discusións deste tipo, que corresponden a crenzas, senón explicar fenómenos da natureza en base a leis da física e da química.

Este documental recolle as hipóteses que barallamos hoxe en día para intentar comprender como e en que momento, a vida comezou na Terra.