Arquivo por etiquetas: consumo responsable

Traballo 3.1 CMC

Nesta avaliación estámoslle tomando o pulso ao planeta Terra, descubrindo o uso e abuso que facemos dos combustibles fósiles e as súas consecuencias. Para completar e reflexionar sobre este tema propóñovos o seguinte traballo, que teredes que presentar (presencial ou por correo electrónico) antes do 1 de Maio.

– Deberás visitar un supermercado ou praza de abastos e escoller dez produtos frescos: froitas, verduras, etc. Terás que averiguar de onde proceden: nos supermercados xa traen unha ficha de cada produto que pon a súa orixe, se vas a un pequeno comercio pregunta ao vendedor/a. Anota todos os datos.

Ficha produtos

– Cando chegues a casa, cos datos recollidos, deberás completar a táboa que se adxunta. Para saber a distancia que percorren os alimentos dende a súa orixe até o supermercado podes empregar o Googlemaps.

– Para buscar información sobre produtores galegos do mesmo produto emprega Google, ou

  • No directorio do CRAEGA, Consello regulador de agricultura ecolóxica de Galicia
  • En Granxa Familiar, unha páxina creada para a venda directa de produtos galegos
  • Ou no seguinte enlace aos consellos reguladores de diversos produtos galegos

– Á vista dos datos, gustaríame que fagades unha reflexión persoas enlazada coa temática que vimos na clase. Non fai falla unha gran extensión, pero máis de dúas frases, por favor!

Se tendes algunha dúbida, podedes escribila como comentario neste post e así a resposta quedará visible para todos/as.

Bo traballo!