Arquivo da categoría: Películas

La granja del Dr. Frankenstein

ATENCIÓN ALUMNOS/AS DE CMC: Este é o segundo visionado do trimestre, tedes até o próximo xoves 28 de Febreiro para entregar os vosos comentarios por calquera das vías que se indica máis abaixo.

Se xuntaramos varios dos experimentos que se están a realizar a través das novas tecnoloxías de manipulación de xenoma, teriamos algo parecido á Granxa do doutor Frankistein… Repito isto non é o que vai vir, isto xa está aquí, e nós temos que forxar unha opinión ao respecto. Desfrutade

https://www.youtube.com/watch?v=HdQkWWjCnJY

https://www.youtube.com/watch?v=0o898md0EmM

https://www.youtube.com/watch?v=3IbLYbVJKcQ

https://www.youtube.com/watch?v=9Dwl9MA3m_Q

https://www.youtube.com/watch?v=ns2hSFl09j0

Como sempre interésame un comentario coa vosa opinión sobre o documental: seguro que logo de velo sentides contradición, e quero que me digades precisamente en que sentido este documental cambiou a vosa percepción.  Nesta ocasión tamén vos pido que poñades a funcionar a vosa imaxinación e inventedes un animal/planta modificado xenéticamente ao voso gusto, explicando por que o facedes, que consecuencias terá e predecindo se pensades que algunha industria estará interesada nesa patente.

Despertares

Despertares é unha película estadounidense que se basea na vida do neurólogo Oliver Sacks. De novo, a realidade superando á ficción! A súa ficha técnica está moi ben descrita na Wikipedia.

Supoño que como a min, esta película non vos deixa indiferentes. É emotiva, alegre pero sobre todo “desperta” un espírito crítico cara a actuación do doutor Malcon Sayer. Por iso, propóñovos tres puntos para traballar esta película:

1. Que opinión che ten? Como te sentiches cando a viches? Como che queda despois o corpo?

2. Malcon Sayer administrou unha droga que fixo despertar aos pacientes. Que opinión che ten este feito? Cres que en pacientes en estado “vexetativo” esta decisión a teñen que tomar os familiares? Os médicos? Reflexiona sobre este punto.

3. A investigación farmacéutica (a que investiga sobre medicamentos que logo curarán enfermidades) é fundamentalmente privada. Como toda empresa, a industria farmacéutica destina cartos a sacar fármacos dos que logo poda vender moita (ou cando menos, certa) cantidade. Pero que hai daquelas enfermidades “raras”, que afectan a pouca xente?. Busca información sobre algunha das enfermidades raras, pode ser doutra no caso de que a padeza alguén que conozas.

Ao fío disto, a para concluír déixovos unha noticia da pasada semana sobre unha investigación galega que abre unha fiestra á esperanza na prevención do Alzeimer.

Home

Nunca me canso de ver esta película, de escoitar a música e sobre todo de abraiarme coas imaxes, algunhas moi belas e outras moi duras, pero todas elas reflexo dunha realidade compartida: este planeta que habitamos é o noso único fogar.

Persoalmente creo que cando o último ser humano desapareza da face da Terra, seguirá sendo igual de fascinante e bonita, máis será unha mágoa non poder abraiala. Por iso nos toca reflexionar e tomar decisións persoais e colectivas responsables co ambiente.

A través da páxina web da película podedes acceder ao trailer e tamén á proxección completa. Adiante, mira como é a túa casa… Que a desfrutes.

Neste blod de Edukacine atoparás a ficha da película e links interesantes.