Despertares

Despertares é unha película estadounidense que se basea na vida do neurólogo Oliver Sacks. De novo, a realidade superando á ficción! A súa ficha técnica está moi ben descrita na Wikipedia.

Supoño que como a min, esta película non vos deixa indiferentes. É emotiva, alegre pero sobre todo “desperta” un espírito crítico cara a actuación do doutor Malcon Sayer. Por iso, propóñovos tres puntos para traballar esta película:

1. Que opinión che ten? Como te sentiches cando a viches? Como che queda despois o corpo?

2. Malcon Sayer administrou unha droga que fixo despertar aos pacientes. Que opinión che ten este feito? Cres que en pacientes en estado “vexetativo” esta decisión a teñen que tomar os familiares? Os médicos? Reflexiona sobre este punto.

3. A investigación farmacéutica (a que investiga sobre medicamentos que logo curarán enfermidades) é fundamentalmente privada. Como toda empresa, a industria farmacéutica destina cartos a sacar fármacos dos que logo poda vender moita (ou cando menos, certa) cantidade. Pero que hai daquelas enfermidades “raras”, que afectan a pouca xente?. Busca información sobre algunha das enfermidades raras, pode ser doutra no caso de que a padeza alguén que conozas.

Ao fío disto, a para concluír déixovos unha noticia da pasada semana sobre unha investigación galega que abre unha fiestra á esperanza na prevención do Alzeimer.

Advertisements

4 thoughts on “Despertares

  1. Borja Pérez Fernández

    Excelente película que desperta en nós certas inquietudes e curiosidades que durante o que queda de curso podemos resolver introducindonos máis no tema que trata esta pelicula

    Resposta
    1. Santiago Álvarez Álvarez

      RESPOSTA 1: Cando te pos a ver esta película pois a verda e que te sintes “esperanzado”, xa que grazas os avances da ciencia e da medicina moitas das enfermidades que padecemos poden ser tratadas e en moitos dos casos curadas. Según a miña opinión e unha película fascinante polo cal che pode ensinar varias cousas importantes. Unha, por exemplo, e que por moi oscuro este o tunel sempre hai luz o final do camiño, pero para lograr chegar a esa luz fai falta, sobre todo, esforzo traballo e tesón.
      Non sei o resto pero a min pois deixoume un pouco frustrado, porque cando a droga empezar a “funcionar” nos pacientes en pouco tempo volven o seu estado vexetativo.

      RESPOSTA 2: Sempre digo que se algunha droga pode servir para curar, porque non se vai poder usar para tal feito? Se pode curar benvida sea, o que non pode ser e que se use pois para outro tipo de fins, como e no RECREATIVO.
      A decisón sempre a ten que ter o familiar dende o meu punto de vista, xa que o mellor o familiar non quere que lle fagan “daño” (por decilo dalgunha forma) o paciente, ainda que este nese estado.

      RESPOSTA 3: Hidrocefalia –> La hidrocefalia es una condición en la cual los ventrículos cerebrales (espacios cerebrales) están dilatados (anormalmente ensanchados) e impiden el flujo normal del líquido cerebroespinal.
      El líquido cerebroespinal se acumula en el cráneo y somete a un aumento de presión a los tejidos del cerebro. Los hallazgos más frecuentes son una cabeza aumentada de tamaño y un aumento de la presión del líquido cerebroespinal, pero no son necesarios para el diagnostico de hidrocefalia.

      Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s