Sobre min

Chámome María, son bióloga de formación, profesora de Ciencias Naturais, aínda que o que máis me gusta (e ao que adico case todas as miñas enerxías) é a parte docente, pedagóxica, do proceso de ensino-aprendizaxe que acontece nas aulas. Actualmente atópome no IES de Milladoiro no concello de Ames, impartindo Ciencias Naturais en 2º da ESO.

Este espazo nace con tres vontades:

1ª. Organizar todo o material que visualizo/emprego e que doutro xeito quedaría esquecido.

2ª. Crear unha especie de “biblioteca” virtual á que o alumnado poida volver en calquera momento, porque sei que eles e elas, o mesmo que a min, séguenlle a dar voltas ás cousas unha vez toca o timbre…

3ª Para compartir con outros compañeiros e compañeiras ideas e proxectos  que invento ou atopo e adapto á nosa lingua e aos nosos recursos.

Agardo que este lugar vos sexa de utilidade, o mesmo que un feixe de blogs que andan pola rede e que tanto me teñen aportado e facilitado o meu traballo.

Saúde

Advertisements

3 thoughts on “Sobre min

  1. sandra martin palacios

    Hola profe!!!!. Espero que te acuerdes de nosotros, somos Sandra y Miguel de IES As mariñas…. vaya los que te dimos la lata el año pasado. Queriamos decirte que aprovamos la prueba libre de Esa y darte las gracias por todo lo que nos ayudaste.
    Yo (sandra) me matriculo mañana en las especificas de bachiller para de biologia, quimica y mates por que voy a presentarme en abril a la prueba de acceso a ciclo superior de la rama sanitaria y Miguel lo mismo por que el pibre se quedo sin plaza en automocion y no quiere perder el año.
    Y, despues de este breve resumen, esperamos saber noticias tuyas y que todo vaya bien con ese nuevo peque……gracias pir acordarte de mis libros, me lis dio hoy Jose Manuel.
    Un beeeeeeeeesazo inmenso y muchas gracias de nuevo!!!

    Resposta
  2. Alicia López Regueiro

    Bos días:

    Son Alicia López, a profesora de Teis (Vigo) que presentou o xogo do Metabscrabble no congreso de Enciga de Narón (2010). Alégrame saber que este recurso é de interese para máis persoas , aínda que é unha versión 0.0 que precisa de ser mellorada en moitas cousas.
    Escribo por dúas razóns: primeiro por agradecer o teu interese e difusión nun blog tan ben traballado e completo coma este. A segunda, que me fai escribir xusto nestas datas, é que na páxia web do noso centro vai a haber cambios, e pode que de aquí a un tempo a ligazón que deixaches ó nos blog xa non funcione.
    Por outra banda se chegaches a usar este recurso o ano pasado, quixera recibir as túas críticas e propostas de mellora. Podes contactar conmigo no enderezo alicialr@edu.xunta.es
    Espero que te chegue a mensaxe ben por esta vía.

    Saúdos cordiais

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s