Arquivo da categoría: Dieta e alimentación

Todo sobre o azucre

MATERIAIS:

– Mostra de bebidas azucradas (latas, botellas ou as súas etiquetas)

– Azucre

– Culleres medidoras

– Bolsas de plástico

– Limpadores

PROCEDEMOS:

1. Amosamos aos estudantes varios preparados que conteñan azucre (bebidas de cola, zumes, etc) e outras que non conteñan azucre (zume de laranxa natural, auga, etc).

2. Sen mirar a etiqueta, pedímoslles que coloquen as bebidas por orde de menor a maior cantidade de azucres engadidos (podemos tapar a etiqueta para este momento da actividade). Anotamos a orde (para isto poder ser útil marcar os produtos con gomets de cores, por exemplo)

3. Plantexamos neste momento se todos os azucres son iguais. Aproveitaremos este momento para diferenzar os carbohidratos simples dos complexos.

4. Procedemos á lectura das etiquetas. É importante facer notar que a cantidade de azucre que aparece reflectida na etiqueta representa azucres “totais”: os que están no alimento orixinalmente e aqueles que foron engadidos.

5. Unha vez identificada a cantidade de azucre, procedemos a medila. Unha culler pequena (de café) equivale a 4 gramos de azucre. Imos depositando en bolsiñas de plástico ou platiños a cantidade de azucre que corresponde a cada bebida e ordeamos de novo.

6. Facemos unha reflexión grupal sobre a cantidade de azucre que contén, se esperabamos isto e revisamos as consecuencias que ten para a saúde unha dieta rica en azucres. Tamén pode ser un bo momento para facer unha chuvia de ideas sobre alternativas a estas bebidas (auga con gas, zumes naturais, infusións…)

Advertisements

Alimentación, dieta e comida

A Estratexia NAOS é un plan elaborado polo Ministerio de Sanidade para ensinarnos as bondades dunha boa dieta combinada co exercicio, como unha aposta de futuro, xa que prevén enfermidades cardiovasculares (a primeira causa de morte prematura de persoas en Europa).

Esta guía de alimentación e saúde é moi extensa e completa, para poder desenvolver os contidos da clase.

Tamén o Ministerio de Agricultura elaborou unha web moi didáctica e entretida, onde teñen un interesante decálogo sobre a Dieta Mediterránea.

Non nos podemos fiar das dietas miragosas, adoitan estar detrás de intereses de diferentes empresas para vendernos algo e poden ser perigosas para a saúde. Na páxina da Axencia Española para a Seguridade Alimentaria atoparás información sobre estas dietas (e o porque dos perigos) así como unhas pautas para perder peso de forma saudable.

Non quero rematar este artigo sen mencionar que ao falar de dietas e alimentación non debemos perder a perspectiva:

1.020 millones de personas en el mundo padecen hambre

Fonte: Acción contra el hambre

Este contrasentido non só ten lugar a nivel mundial senón tamén aquí no nos territorio. Recentemente vén de levantar moita polémica a reportaxe de Salvados (programa de La Sexta) sobre a cantidade de comida en bo estado que remata no lixo: “Con la comida no se juega”.