Arquivo da categoría: Biotecnoloxía

Transxénicos – Traballando na rede

Nesta páxina web facilitan unha boa información sobre o tema dos transxénicos e plantexan a continuación unhas preguntas. Por tanto, nesta ocasión, abondará con presentarme as respostas ás preguntas que ahí se vos plantexan.

Tedes de data límite o 15 de Marzo e como sempre, tres vías: correo electrónico, blogue ou entrega en man.

Saúdos

María

Clonación

Infografía onde recolle información básica sobre a clonación e os fitos históricos máis relevantes.

Infografía sobre clonación terapéutica (castelán).

Artigo de prensa (Setembro 2012) onde se comenta o proxecto de recuperar un mamut de hai 4500 anos.

Artigo de prensa (12/11/2012): En cinco anos teremos un dinosauro vivo

Que vos parecería resucitar ao noso antepasado Neandertal? Aquí hai unha proposta (Xaneiro 2013)

Aquí tedes a historia de Lancelot, un labrador clonado.

Transxénicos

A través dos seguintes materiais afondaremos no estudo dos seres vivos transxénicos:

Infografía de El Mundo sobre a fabricación de alimentos transxénicos.

Infografía de consumaseguridad.com sobre alimentos transxénicos.

Infografía de consumaseguridad.com sobre animais transxénicos.

Infografía sobre os riscos asociados aos transxénicos de consumaseguridad.com, que tamén nos amosa os beneficios.

Repercusión social e valoracións éticas da manipulación xenética, do Proxecto Biosfera.

Un interesante artigo de Ecologistas en Acción onde se recollen estudos científicos que proban os riscos para a saúde dun millo transxénico que se cultiva amplamente en España.

Xenética e biotecnoloxía

Na clase de hoxe deberedes elaborar un documento que dea resposta ás seguintes cuestións:

1. Compoñentes da molécula de ADN

2. Como a través da molécula de ADN se forma unha proteína?

3. Fai a replicación da seguinte molécula de ADN: GAACTGGCATC

4. Que é o código xenético?

5. Que é un xene?

E aquí nos iremos para ampliar coñecementos e ver