Arquivo da categoría: Astronomía

Afondando sobre a Terra e a Lúa

Pincha no seguinte enlace e vaite ao apartado 4. Alí abrirase unha presentación explicativa sobre as fases da Lúa (por se aínda tiñades dúbidas…). En castelán

Libro Dixital Anaya, Tema 2

Tamén no libro dixital de Vicens Vives temos algunhas actividades para facer sobre o noso satélite. Vaite ao Tema 4 e realiza as distintas actividades que che propoñen.

Libro Dixital Vicens Vives

Para afondar, aquí temos máis información sobre a Lúa.

Lixo espacial

Xa tiñamos abondo con crebar a cabeza tentando minimizar a xeración de lixo e xestionar correctamente o que temos, como para agora decatarnos que tamén o espacio exterior que rodea a Terra está lixado!! Que paradoxa…

Aquí deixo algúns enlaces para que investiguedes máis sobre o tema:

Para comprender como se xera parte do lixo espacial é imprescindible coñecer o funcionamento dun satélite artificial, déixoo neste breve vídeo.

La basura espacial alcanza límites críticos, de RTVE

Tamén a BBC alerta do problema do lixo espacial neste artigo.

Tamén na MUY INTERESANTE comentan que un novo radar vixiará o lixo espacial.

Neste video explican por que é tan perigoso mesmo pequenos anacos de lixo espacial.

Propoñen unha rede xigante para recoller lixo espacial. Pois que leven tanta rede como temos aquí e que anda a arrastrarse polo fondo do mar!! (RTVE)

Neste artigo fan unha “conexión” interesante entre o incremento do efecto invernadoiro e o lixo espacial (RTVE).

Lugares interesantes

Estes links son moi interesantes á hora de preparar as clases ou repasar temas de Astronomía (en xeral):

O ano 2009 foi adicado á Astronomía a nivel internacional e aínda que aquel ano xa queda “lonxe” esta páxina segue sendo moi útil e cargada de información relevante.

http://astronomia2009.es/Proyectos_pilares/Ella_es_una_Astronoma/Con_A_de_Astronoma.html

Sistema Solar

Para comezar, podemos indagar sobre o Sistema Solar nesta web en galego onde ademais de fotos moi bonitas e ilustrativas, aprenderemos datos importantes no Sistema Solar.

Un vídeo moi chulo de Discovery Channel para ilustrar en menos de dous minutos como xorde o Sol e tamén o nos planeta.

Neste vídeo, acompañado dunha bonita música, podemos facernos unha idea da beleza das auroras boreais. O Universo non deixa de fascinarnos!!

En Planetas do Sistema Solar atoparás un resumo en galego dos planetas que orbitan arredor do Sol. Non é un vídeo, senón unha animación.

Unha das cousas que atopo máis complicado é facernos unha idea do noso tamaño no Universo, pois a pesares das novas tecnoloxías, a Terra segue a parecerme enorme!! Todo é cuestión de comparar

O Universo

É moi lindo e reflexivo este vídeo do astrónomo e divulgador científico Carl Sagan sobre o noso lugar no Universo…

O Museo Americano de Historia Natural preparou un video onde se representa a escala distintos compoñentes do Universo. Realmente espectacular, da vértigo!

O efecto Doppler é unha ferramente que empregan os astrónomos para comprobar que as estrelas lonxanas tamén se moven, e nesta páxina fixeron un resumo moi comprensible do efecto.

Este é un primer video (dunha serie de tres) onde se trata o tema das galaxias incluída tamén a nosa, a Vía Láctea.

Outro vídeo sobre o Universo, éste de ton cómico!!

Sempre que me adentro a investigar sobre o Universo, remato evocando a fermosa canción de Ismael Serrano moi acaída para este tema, Habitantes de Alfa-Centauro encuentran la sonda Voyager.