Arquivo da categoría: Paisaxe e sustentabilidade

Identidade territorial (Introdución)

Logo de case un trimestre centrando e contextualizando a materia e o propio estudo da paisaxe, comezamos unha nova etapa onde centraremos os esforzos e comprendernos dentro dun contexto galego.

Para elo, comezamos cunha actividade en grupo e coa técnica de “Folio xiratorio”. Explico brevemente: facemos equipos de 4-5 persoas (canto máis saibamos sobre aprendizaxe cooperativa, mellor faremos os grupos, e mellores resultados obteremos…), a cada grupo repártese un folio coa contorna dun mapa de Galiza e un “gomet” de cor diferente en cada esquina.

Anotamos no encerado o significado de cada cor (podemos variar en función do que queremos obter), eu neste caso escollín:

Azul: un sentimento; amarelo: lugar; verde:paisaxe; vermello: palabra

Durante 5 minutos controlados pola profe, as persoas do grupo van virando o folio e escriben no seu turno, debaixo do gomet: neste caso, non me importa que algún quede baleiro e outros moi completos.

Facemos unha posta en común con todos os grupos ao tempo que vou anotando no encerado todas as propostas, de xeito que quede ao final unha composición, do que representa Galiza para nós.

 

 

Advertisements