Arquivo da categoría: Enerxía

Enerxías non renovables

CARBÓN.

Infografía Eroski

Prensa:

Maior central térmica está en China (2007)

PETRÓLEO

Infografía Eroski

GAS NATURAL

Infografía Eroski

Infografía gasoducto MEDGAZ

Noticia de prensa: Atentado contra gasoducto (Xaneiro 2013)

ENERXÍA NUCLEAR

Infografía Eroski

Video “El Uranio Olvidado” (castelán). Trata sobre a mina da Haba, en Badajoz a onde se enviaron toneadas de residuos para ser soterrados sen chegar a aclarar si se trata de inertes ou residuos radiactivos… Desconfianza, medo e indignación (polo menos)!

Infografía sobre o accidente de Chernobil, no 1986.

Infografía sobre as consecuencias do accidente nuclear en Fukushima, en 1986.

Prensa:

Recolle un interesante artigo de Jon Sistiaga sobre a catástrofe de Chernóbil e as súas consecuencias (Xaneiro 2013)

Presentación fontes de enerxía

Aínda que me gustaría que cada quen ao seu traballo sobre as Fontes de enerxía lle dera un toque persoal (e intransferible), anótovos algunhas pautas:

– Que é unha fonte de enerxía

– Diferenza entre fonte de enerxía renovable e non renovable

– Fontes de enerxía non renovable. Gustaríame que moi brevemente expuxerades que é, onde se obtén/extrae e en que se emprega fundamentalmente (non ten que ser a través de explicación directa, pode ser un gráfico, foto, link a artigo ou video).

  • Carbón
  • Petróleo
  • Gas Natural
  • Enerxía nuclear. Neste caso centrádevos no uranio como fonte de enerxía.

– Consecuencias do uso de enerxías non renovables.

Na páxina web de Verdegaia (abaixo á dereita) tedes uns documentos moi interesantes sobre este tema. Recoméndovos que vos fagades eco dalgún destes artigos de Ecologistas en Acción. Tamén ten información abundante sobre o tema, Greenpeace.

– Consecuencias do uso de enerxía nuclear. Tamén hai unha colección de artigos ao respecto de Ecologistas en Acción.

– Fontes de enerxía renovables, explicando en que consiste cada unha brevemente e dándolle un enfoque galego. Tedes información no Inega (Instituto Enerxético de Galicia).

  • Enerxía hidráulica
  • Enerxía eólica
  • Enerxía solar
  • Enerxía xeotérmica
  • Enerxía maremotriz
  • Enerxía da biomasa.

Gustaríame que fixerades referencia ás consecuencias do uso do biodiésel, e o propio engano da palabra.

– Consumo enerxético en Galicia. Tedes acceso a este pdf sobre o Balance enerxético en Galicia no 2010.

– E se non chegamos a dar coa fonte de enerxía alternativa?. Parece que a única alternativa que nos plantexamos é atopar un “petróleo verde”, capaz de abastecernos sen causar os prexuízos dos combustibles fósiles, pero iso até o de agora non existe, polo que me gustaría que nesta diapositiva reflexionarades sobre a vida sen estas fontes de enerxía, sen caer no catastrofismo por favor!!

Gustaríame presentarvos o blog Véspera de nada, que se plantexa o reto de vivirmos sen petróleo!

Onde buscar?

Nos apuntes da materia. Facedes clic en Unidade 2 do Módulo 2