Arquivo da categoría: Prácticas de laboratorio

Observación de células vexetais en epiderme de cebola

Elaborei un protocolo de prácticas (Células vexetais epiderme cebola) para visualizar as células vexetais a partir da epiderme da cebola. É unha práctica doada, de iniciación á observación microscópica, que neste caso vou desenvolver en 2º da ESO, xa que comezamos cun breve repaso aos tipos de células e á Teoría celular.

Manexo do microscopio óptico

Elaborei un manual de prácticas sinxelo para a aprendizaxe do microscopio óptico. Eu neste caso vouno empregar para 1º da ESO pero creo que é acaído para calquer outro nivel que nunca manexara o microscopio antes. É sinxelo porque eu fago unha explicación e unha demo previa, de xeito que na súa copia só quede o imprescindible e non facela tan tediosa/liosa como outras que teño manexado.

Agradezo suxerencias de mellora.

MANEXO DO MICROSCOPIO ÓPTICO