Proposta didáctica con cantidade de actividades e xogos para desenvolver en clase moi útiles, aínda que con datos un tanto desactualizados (castelán e catalán).
Logo de ter profundizado nos grandes problemas do planeta, e de entender que gran parte do problema está na forma en que algúns seres vivos habitamos a Terra, chega o momento de poñer solucións. A continuación vai unha película de visionado obrigatorio e para entregar o 19 de Maio.
Cada vez hai máis e máis xente, uníndose a un movemento que avoga polo DECRECEMENTO, que sería algo así como os “ateos” do liberalismo económico, e por medidas que non primen o crecemento ilimitado nun plante finito, senón por un consumo e produción controlada que teñan os ecosistemas e tamén o benestar humano como eixo vertebrador. Unha vida máis simple e máis feliz!
Propóñovos que visionedes este documental filmado de feitos que acontecen agora mesmo: propostas reais que poderiamos “cortar e pegar” nas nosas vilas e aldeas!!
Logo gustariame que visitarades esta páxina: movimientotransicion e visitarades os enlaces tan interesante que ten a man dereita.
Con todo isto repousado, gustaríame que escribirades un comentario sobre a película, a vosa impresión sobre este movemento e unha frase, titular ou debuxo que vos inspire todo este movemento. Se ademais vos animades a iniciar un grupo ou a colaborar cos xa existentes… facédemo saber tamén!!!
Máster Oficial de Teatro y Artes Escénicas de la Universidade de Vigo
sweets, food styling & photography
Todo sobre el Boal CF
Naturales y Vida desde el IES Pedro de Luna - Zaragoza-
Blog de recursos educativos para trabajar contenidos de Ciencias Naturales.