Arquivo por etiquetas: animacións

Tectónica de placas: enlaces explicativos

Algúns enlaces que explican/aclaran/representan a teoría da Tectónica de Placas:

Cun simple gif creo que é doado de explicar as correntes de convección

Enlace 1: Un repaso xeral e completo a toda a teoría, dende Wegener até tipos de placas, con moitas animacións moi didácticas para completar a explicación. Está traducido ao castelán.

Enlace 2: páxina onde explica a teoría da tectónica de placas con exercicios interactivos moi chulos, aínda que nivel 4º da ESO ou superior (inglés)

Xenética e biotecnoloxía

Na clase de hoxe deberedes elaborar un documento que dea resposta ás seguintes cuestións:

1. Compoñentes da molécula de ADN

2. Como a través da molécula de ADN se forma unha proteína?

3. Fai a replicación da seguinte molécula de ADN: GAACTGGCATC

4. Que é o código xenético?

5. Que é un xene?

E aquí nos iremos para ampliar coñecementos e ver

Glícidos

Nesta animación explícase en que consiste un feixe de luz polarizada e como unha disolución de monosacáridos pode desviar este feixe.

Nesta outra animación complétase a información anterior.

Coa información contida nesta web, xa non deberían quedar dúbidas sobre a actividade óptica!

Nesta páxina ampliamos información sobre os estereoisómeros.

Animación sobre o proceso de ciclación das hexosas.