ENERXÍA SOLAR
ENERXÍA XEOTÉRMICA
Aínda que me gustaría que cada quen ao seu traballo sobre as Fontes de enerxía lle dera un toque persoal (e intransferible), anótovos algunhas pautas:
– Que é unha fonte de enerxía
– Diferenza entre fonte de enerxía renovable e non renovable
– Fontes de enerxía non renovable. Gustaríame que moi brevemente expuxerades que é, onde se obtén/extrae e en que se emprega fundamentalmente (non ten que ser a través de explicación directa, pode ser un gráfico, foto, link a artigo ou video).
– Consecuencias do uso de enerxías non renovables.
Na páxina web de Verdegaia (abaixo á dereita) tedes uns documentos moi interesantes sobre este tema. Recoméndovos que vos fagades eco dalgún destes artigos de Ecologistas en Acción. Tamén ten información abundante sobre o tema, Greenpeace.
– Consecuencias do uso de enerxía nuclear. Tamén hai unha colección de artigos ao respecto de Ecologistas en Acción.
– Fontes de enerxía renovables, explicando en que consiste cada unha brevemente e dándolle un enfoque galego. Tedes información no Inega (Instituto Enerxético de Galicia).
Gustaríame que fixerades referencia ás consecuencias do uso do biodiésel, e o propio engano da palabra.
– Consumo enerxético en Galicia. Tedes acceso a este pdf sobre o Balance enerxético en Galicia no 2010.
– E se non chegamos a dar coa fonte de enerxía alternativa?. Parece que a única alternativa que nos plantexamos é atopar un “petróleo verde”, capaz de abastecernos sen causar os prexuízos dos combustibles fósiles, pero iso até o de agora non existe, polo que me gustaría que nesta diapositiva reflexionarades sobre a vida sen estas fontes de enerxía, sen caer no catastrofismo por favor!!
Gustaríame presentarvos o blog Véspera de nada, que se plantexa o reto de vivirmos sen petróleo!
Onde buscar?
Nos apuntes da materia. Facedes clic en Unidade 2 do Módulo 2
Neste enlace do IES Victoria Kent, explican como construir unha pila
Enlace a unha breve explicación da clasificación das fontes de enerxía (en castelán).
A continuación van explicacións á teoría sobre o tema da enerxía e os seus tipos:
Máster Oficial de Teatro y Artes Escénicas de la Universidade de Vigo
sweets, food styling & photography
Todo sobre el Boal CF
Naturales y Vida desde el IES Pedro de Luna - Zaragoza-
Blog de recursos educativos para trabajar contenidos de Ciencias Naturales.