Arquivo da categoría: Sistema Solar

O poder da Lúa

O poder da Lúa, é un documental en castelán, da canle Odisea que considero moi interesante por tratar o astro dende un punto de vista científico mais amosando tamén a influencia social e cultural da Lúa en distintas partes do mundo e no tempo.

 

 

Advertisements

Afondando sobre a Terra e a Lúa

Pincha no seguinte enlace e vaite ao apartado 4. Alí abrirase unha presentación explicativa sobre as fases da Lúa (por se aínda tiñades dúbidas…). En castelán

Libro Dixital Anaya, Tema 2

Tamén no libro dixital de Vicens Vives temos algunhas actividades para facer sobre o noso satélite. Vaite ao Tema 4 e realiza as distintas actividades que che propoñen.

Libro Dixital Vicens Vives

Para afondar, aquí temos máis información sobre a Lúa.

Sistema Solar

Para comezar, podemos indagar sobre o Sistema Solar nesta web en galego onde ademais de fotos moi bonitas e ilustrativas, aprenderemos datos importantes no Sistema Solar.

Un vídeo moi chulo de Discovery Channel para ilustrar en menos de dous minutos como xorde o Sol e tamén o nos planeta.

Neste vídeo, acompañado dunha bonita música, podemos facernos unha idea da beleza das auroras boreais. O Universo non deixa de fascinarnos!!

En Planetas do Sistema Solar atoparás un resumo en galego dos planetas que orbitan arredor do Sol. Non é un vídeo, senón unha animación.

Unha das cousas que atopo máis complicado é facernos unha idea do noso tamaño no Universo, pois a pesares das novas tecnoloxías, a Terra segue a parecerme enorme!! Todo é cuestión de comparar