Arquivo por etiquetas: práctica

Observación de células vexetais en epiderme de cebola

Elaborei un protocolo de prácticas (Células vexetais epiderme cebola) para visualizar as células vexetais a partir da epiderme da cebola. É unha práctica doada, de iniciación á observación microscópica, que neste caso vou desenvolver en 2º da ESO, xa que comezamos cun breve repaso aos tipos de células e á Teoría celular.