Explicación e vídeo sobre a dieta atlántica e a súa importancia.
Arquivo da categoría: Promoción hábitos de vida saudable
Sedentarismo – Actividade Física
Enlace á web do Ministerio de Sanidade, para traballar o tema na clase
Trastornos da alimentación:
Antes de estudar cales son os trastornos da alimentación, imos traballar sobre a imaxe social que se ten das mulleres e dos homes. Quizás así poderemos comprender como é que xorden este tipo de desordes nalgunhas persoas (e quen sabe, se facernos críticos/as de paso!)
O que pensan as crianzas disto (Vídeo YouTube)
Ei, por que non nos queremos máis e comezamos a sentirnos ben na nosa propia pel?? (Vale, un pouco de demagoxia… pero é que traballo con adolescentes!!)

Exposición azucre no almorzo
Como resultado da análise de diferentes produtos habituais de almorzo, dentro da materia de vida saudable (2º ESO), elaboramos unha exposición para advertir do noso “descubrimento”…
Aquí vos deixo unhas fotos xunto co texto que o grupo de alumnos/as preparou para enviar á prensa.
Aquí vai a nota de prensa dos/as alumnos/as encargados. Parádevos un minutos porque está xenial!
Cereais no almorzo
Dentro da materia de Promoción de hábitos de vida saudable, imos cuestionarnos se os cereais comerciais son unha boa alternativa para o almorzo. Para iso, analizaremos a cantidade de azucre presente en distintas marcas comerciais, seguindo un protocolo de prácticas semellante a este (información en inglés).
Tendo en conta que a cantidade diaria recomendada son 24 gramos en total, veremos o efecto do azucre no organismo e analizaremos como isto pode estar afectando aos nosos dentes.
Hai un feixe de ideas brillantes e exemplo moi ilustrativos na web de The Guardian, en inglés, pero altamente recomendable.
Tres minutos de curta subtitulada explicando a problemática do azucre nos Estados Unidos
Almorzo
Imos traballar a importancia do almorzo dentro dunha vida saudable.
En que consiste un almorzo saudable? A Junta de Andalucía elaborou unha unidade didáctica por se queremos indagar máis no tema.
Cales son os criterios polos que deberiamos consumir estes alimentos?
Azucre
Vídeo documental (50 minutos en castelán) sobre adición ao azucre
https://www.youtube.com/watch?v=7vmqUENYLkI