Arquivo por etiquetas: libro dixital

Os materiais e a humanidade – Material para preparar a clase

Enlace a un pdf-capítulo deste tema, moi ben enfocado, baixo o meu punto de vista, con datos actualizados, exercicios ordinarios e tamén unha webquest.

Advertisements

Tectónica de placas: enlaces explicativos

Algúns enlaces que explican/aclaran/representan a teoría da Tectónica de Placas:

Cun simple gif creo que é doado de explicar as correntes de convección

Enlace 1: Un repaso xeral e completo a toda a teoría, dende Wegener até tipos de placas, con moitas animacións moi didácticas para completar a explicación. Está traducido ao castelán.

Enlace 2: páxina onde explica a teoría da tectónica de placas con exercicios interactivos moi chulos, aínda que nivel 4º da ESO ou superior (inglés)

Traballando na rede

Libro dixital da editorial Editex para comprobar se temos clara a morfoloxía da célula animal.

Tamén neste enlace aparecen novos exercicios e un cuestionario de Autoevaluación sobre a célula animal.

A editorial Anaya ten un exercicio para comprobar se recoñeces xa os orgánulos celulares (célula animal) coa súa morfoloxía!

A páxina do Proxecto Biosfera, do Ministerio de Educación, ten tamén múltiples actividades para pasar un pedazo entretid@s…