O monte é a nosa vida

Trátase dunha unidade didáctica para traballar a importancia do monte e un concurso para a súa posta en valor.

Advertisements

Reto buxaina

Como parte do curso sobre indagación na aula tiven que construír unha buxaina cunha cartolina de 10 cm de diámetro. Non foi difícil construíla, o difícil foi facela xirar…

Peguei 6 moedas dun céntimo no borde de cartolina e lancei tres veces obtendo os tempos:

  • Lanzamento 1: 3 segundos
  • Lanzamento 2: 4 segundos
  • Lanzamento 3: 3 segundos

Logo movín as moedas cara o centro, obtendo peores resultados…

  • Lanzamento 1: 2 segundos
  • Lanzamento 2: 1 segundo
  • Lanzamento 3: 1 segundo

 

  • 20160205_23292720160205_23294320160205_23310320160206_222619

A continuación propuxéronme o reto de construír unha buxaina que se mantivese 8 segundos xirando, polo que pensei en facela de tamaño lixeiramente maior, 13 cm. E funcionou!! Teño un vídeo moi chulo que non sei subir ao wordpress, polo que cargo a foto…

20160206_234943

Nestas prácticas a profesora ten o control sobre a cuestión que se plantexa e eu creo que tamén sobre o procedemento, mais no primeiro caso os resultados dependen tamén da profesora, non así na segunda práctica, onde cada unha pode pensar ou artellar unha solución diferente.

 

 

Indagación

A cabeza non para, que diría a outra… Non me chega co plan de formación en traballo cooperativo, que agora ando a enredar nun curso sobre Ciencia e indagación na aula. Esta entrada é para explicar o que se entende por Indagación.

O que eu entendo por indagación, o que me gustaría que o meu alumnado lle sucedera logo de estudar Ciencias sería despertar o interese por saber. Ir ao médico/a e preguntarlle o que significa cada cousa até comprender exactamente o que pasa no noso corpo; ler o xornal e buscar no momento no móbil o que quere dicir exactamente esa técnica que non comprendo; mirar ao ceo e tratar de ver algunha forma recoñecible; sorprenderse de cando en vez pensando no tamaño mínimo do átomo; coidarse, sabendo que así coidamos ao planeta porque entendemos a interconexión entre os ciclos da natureza…

Hai un dito galego que resume moi ben a esencia última da indagación: Un /unha vai morrendo, e vai aprendendo. Pois iso, non deixar de aprender.