Presentación fontes de enerxía

Aínda que me gustaría que cada quen ao seu traballo sobre as Fontes de enerxía lle dera un toque persoal (e intransferible), anótovos algunhas pautas:

– Que é unha fonte de enerxía

– Diferenza entre fonte de enerxía renovable e non renovable

– Fontes de enerxía non renovable. Gustaríame que moi brevemente expuxerades que é, onde se obtén/extrae e en que se emprega fundamentalmente (non ten que ser a través de explicación directa, pode ser un gráfico, foto, link a artigo ou video).

  • Carbón
  • Petróleo
  • Gas Natural
  • Enerxía nuclear. Neste caso centrádevos no uranio como fonte de enerxía.

– Consecuencias do uso de enerxías non renovables.

Na páxina web de Verdegaia (abaixo á dereita) tedes uns documentos moi interesantes sobre este tema. Recoméndovos que vos fagades eco dalgún destes artigos de Ecologistas en Acción. Tamén ten información abundante sobre o tema, Greenpeace.

– Consecuencias do uso de enerxía nuclear. Tamén hai unha colección de artigos ao respecto de Ecologistas en Acción.

– Fontes de enerxía renovables, explicando en que consiste cada unha brevemente e dándolle un enfoque galego. Tedes información no Inega (Instituto Enerxético de Galicia).

  • Enerxía hidráulica
  • Enerxía eólica
  • Enerxía solar
  • Enerxía xeotérmica
  • Enerxía maremotriz
  • Enerxía da biomasa.

Gustaríame que fixerades referencia ás consecuencias do uso do biodiésel, e o propio engano da palabra.

– Consumo enerxético en Galicia. Tedes acceso a este pdf sobre o Balance enerxético en Galicia no 2010.

– E se non chegamos a dar coa fonte de enerxía alternativa?. Parece que a única alternativa que nos plantexamos é atopar un “petróleo verde”, capaz de abastecernos sen causar os prexuízos dos combustibles fósiles, pero iso até o de agora non existe, polo que me gustaría que nesta diapositiva reflexionarades sobre a vida sen estas fontes de enerxía, sen caer no catastrofismo por favor!!

Gustaríame presentarvos o blog Véspera de nada, que se plantexa o reto de vivirmos sen petróleo!

Onde buscar?

Nos apuntes da materia. Facedes clic en Unidade 2 do Módulo 2

Advertisements

One thought on “Presentación fontes de enerxía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s