Como funciona a evolución?

A través desta actividade examinaremos como funciona a selección natural nunha pequena poboación de coellos salvaxes. A nivel xenético, a evolucón é un cambio na frecuencia dos alelos nun determinado período de tempo.

Os criadores de coellos coñecen ben as variedades que se adaptan mellor ao medio salvaxe, e por suposto, tamén as mellores variedades para a cría. No ano 1933 atopouse en Inglaterra unha variedade de coello sen pelo. No medio salvaxe é moi extraño atopar este coello posto que nos fríos invernos ingleses é difícil que un coello sen pelo sobreviva.

PREMISAS

Representaremos a nivel de laboratorio como actúa a selección natural coa pelaxe dos coellos. Para elo simularemos que as fabas representan os alelos:

– As fabas vermellas representan o alelo dominante con pelo (F)

– As fabas brancas representan o alelo recesivo sen pelo (f)

Por tanto, terán pelo os coello FF ou Ff, serán coellos sen pelo os ff.

MATERIAL

– Fabas

– Bolsa para mesturar fabas

– Bote para descartar fabas

– Bandeixa/papel para ir ordeando os individuos

Táboa resultados

PROCEDEMENTO

– Nunha bolsa mesturamos as fabas vermellas e brancas. Esta bolsa representa o campo/monte inglés. Axitamos para mesturar todos os alelos da poboación.

– Sen mirar dentro, collemos dúas fabas ao azar e poñémolas enriba da mesa/bandeixa/papel (trátase de coller ao azar, non deliberadamente). En función das cores que resulten, anotamos no apartado da táboa correspondente á PRIMEIRA XERACIÓN, o tipo de coello que é.

NOTA: O maís operativo é ir facendo raias nos recadros correspondentes da táboa

– Continuamos o procedemento ata rematar as fabas da primeira xeración (50 coellos). Cando atopemos dúas fabas brancas, é dicir, coello sen pelo, dado que ese coello non sobreviviría en condición naturais, descartamos esas dúas fabas ao bote de DESCARTES.

– Cando rematemos a primeira xeración, metemos todos os alelos que quedan (que serán aqueles que non foron a descartes ) de novo na bolsa e repetimos os pasos neste caso da SEGUNDA XERACIÓN, anotando na táboa o tipo de alelo que imos obtendo, e descartando os recesivos (porque morren co frío).

– Este proceso repítese até un máximo de 10 xeracións (aínda que poderiamos deter a simulación antes, se o tempo non permite chegar até o final. Obviamente, os resultados serán tanto máis significativos cantas máis xeracións obteñamos).

Unha vez todos os grupos remanten o seu traballo, faremos un reconto estatístico de como van progresando as frecuencias de alelos que atopamos. Facemos unha posta en común sobre os resultados de todos os grupos e rematamos a clase cunha discusión sobre os resultados (que os relacionen co proceso de selección natural).

Este xogo non é invención miña, eu atopeino aquí e traducino e adapteino.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s