Manexo do microscopio óptico

Elaborei un manual de prácticas sinxelo para a aprendizaxe do microscopio óptico. Eu neste caso vouno empregar para 1º da ESO pero creo que é acaído para calquer outro nivel que nunca manexara o microscopio antes. É sinxelo porque eu fago unha explicación e unha demo previa, de xeito que na súa copia só quede o imprescindible e non facela tan tediosa/liosa como outras que teño manexado.

Agradezo suxerencias de mellora.

MANEXO DO MICROSCOPIO ÓPTICO

Tortilla de silicona

Este é o nome que reciben os premios que a asociación ecoloxista Ecologistas en Acción outorga á publicidade que fomenta unha alimentación insalubre e insostible. Este ano o “premio” recae nuns suplementos de Omega 3, que teñen tela…Aquí atoparedes os motivos do galardón, e este é o video

Tamén gañador de varios premios homólogos doutros países é o tan coñecido e sobrevalorado Actimel. Ollade o  artigo da BBC onde se desmontan os mitos…

Nesta wiki, chamada Consumo B fan un percorrido para o meu gusto moi bo sobre publicidade engañosa na alimentación.